InicioSociedadeAs navieiras farán menos viaxes a Cíes este verán

As navieiras farán menos viaxes a Cíes este verán

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e as sete navieiras autorizadas acordaron os horarios das viaxes para a temporada de verán, que serán menos que en 2017, cun total de 43.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e as sete navieiras autorizadas para facer o transporte marítimo regular ás Illas Cíes acordaron os horarios das viaxes para a temporada de verán, que serán un total de 43. O calendario xa foi remitido á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia para que active a aplicación de reservas por Internet.

Así o comunicou a Xunta, que coordinou as negociacións e indicou que o acordo se alcanzou “por unanimidade”. En concreto, as viaxes comezarán o 24 de xuño e prolongaranse até setembro, ao que se engaden as fins de semana e festivos de outubro.

A Administración explicou que un dos criterios que seguiu para a distribución de horarios foi o número de barcos por navieira que van realizar o transporte regular este verán, de forma que se asignou un máximo de catro horarios por cada barco de cada unha das navieras.

Ademais, este ano reducíronse as frecuencias horarias “por razón de seguridade”, en atención a un informe emitido a principios de marzo pola Capitanía Marítima no que se indicaba que o intervalo de tempo entre as saídas dos barcos “non debe ser inferior a 20 minutos”.

VISITANTES

A Xunta xa remitiu esta resolución ás navieiras, ás que lembrou que esta distribución de horarios “non inflúe no número de visitantes que poden acceder ás illas”, e tamén á Amtega, para que active a aplicación de reservas por Internet.

Este sistema de reservas, que permite que os visitantes obteñan unha autorización persoal e intrasferible, implantouse despois da polémica xurdida en agosto de 2017, cando o Parque Nacional denunciou a catro navieiras que conectan Vigo, Baiona e Cangas con Cíes, por supostamente trasladar ás illas durante dúas xornadas a máis persoas das permitidas.

Esta situación derivou en que a Xunta impuxo sancións por un total de 930.000 euros a catro navieiras, pola comisión de infraccións graves por “incumprir as cotas autorizadas” de visitantes. Ademais, a Fiscalía de Vigo abriu dilixencias de investigación, a instancias da Xunta, para dirimir se por isto houbo delitos de falsificación de documentos e estafa á cidadanía.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...