InicioSociedadeO Sergas reprende as auxiliares de enfermaría do Cunqueiro e acusa a...

O Sergas reprende as auxiliares de enfermaría do Cunqueiro e acusa a Caballero de “chamalas á insubordinación”

A Xerencia mantén que, pese ao conflito, a recollida e traslado da roupa sucia aos puntos habilitados no hospital se está a facer "con normalidade". Caulifica de "inadmisible" as protestas en espazos do centro hospitalario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo mantivo que, pese ao conflito coas auxiliares de enfermaría, a recollida e traslado da roupa sucia aos puntos habilitados no Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) está a facerse “con normalidade”, e lamentou que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, “chame directamente á insubordinación”.

O mesmo día en que as auxiliares iniciaron o seu segundo peche de 24 horas no Cunqueiro para protestar contra a imposición da función de trasladar bolsas de roupa sucia, a Xerencia remitiu un comunicado no que asegura que o traslado de roupa “está a realizarse con normalidade tanto nas unidades onde sempre se fixo como nas que se interrompeu temporalmente”.

Ademais, reiterou que esta tarefa “só entraña catro minutos de traballo nunha xornada de sete horas”, realízase “en igualdade de condicións noutros centros hospitalarios de España” e está avalada pola xurisprudencia, que “é contundente respecto diso de quen debe facer esta tarefa”. “Circunstancia que é ben coñecida polas organizacións sindicais”, apuntou.

Neste marco, recoñeceu que “toda reivindicación laboral é lexítima”, pero “sempre que se vehicule a través das canles establecidas”. “Non se pode consentir en ningún caso que se volva a incorrer en actos que comprometan o normal funcionamento do hospital, e tampouco é admisible a ocupación impropia dun espazo público“, apostilou.

Finalmente, en relación ás declaracións de Caballero en apoio ao colectivo das auxiliares de enfermaría, a Xerencia lamentou “profundamente a utilización que está a facer dun conflito laboral deste estilo”. Así, reprochou que comete “unha gran irresponsabilidade ao alentar actitudes que poñen en risco a seguridade dos pacientes”, defende o Sergas.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...