InicioSucesosDetido en Vigo un home por roubar unha furgoneta dun almacén, onde...

Detido en Vigo un home por roubar unha furgoneta dun almacén, onde tamén substraeu alimentos

O home foi sorprendido por operarios de limpeza viaria durmindo no vehículo e bloqueando unha rúa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 34 anos de idade, I.L.F., como presunto autor dun roubo con forza, tras levar unha furgoneta dun almacén, onde tamén subtraeu auga, leite e refrescos.

Os feitos ocorreron á primeira hora deste xoves, cando a Policía recibiu un aviso do persoal de limpeza viaria, alertando da presenza dunha furgoneta bloqueando unha rúa, e en cuxo interior había un home durmindo. Cando os operarios de limpeza espertaron ao home para que retirase o vehículo, comprobaron que, ao iniciar a marcha, o condutor ía dando ‘bandazos’ e golpeando a furgoneta contra as paredes laterais da rúa.

Unha vez no lugar, os axentes do 092 observaron que da furgoneta apeouse un home que levaba dous ‘packs’ de botellas de auga, e que presentaba unha brecha na fronte, pola que sangraba de forma abundante. O sospeitoso relatou voluntariamente aos policías que ía comprar drogas, e que a ferida lla había causado un “colega”, que lle propinou un cabezazo. Así mesmo, recoñeceu que a furgoneta non era súa, aínda que non deu explicacións acerca de onde a sacou.

ROUBO NUN ALMACÉN

Ao comprobar que o vehículo pertence a unha empresa, a Policía púxose en contacto cos seus responsables, que confirmaron que podería ser subtraído dun dos seus almacéns. Axentes policiais desprazáronse ao almacén e alí comprobaron forzouse un cadeado dunha reixa para entrar e roubar a furgoneta, que se atopaba aberta e coas chaves na guantera. Ademais, o ladrón non só levou o vehículo, senón que cargou nel varios ‘packs’ de auga, refrescos e briks de leite que estaban no almacén.

Por estes feitos, foi detido o sospeitoso identificado pola Policía que, durante o traslado no vehículo policial a un centro médico, comezou a ameazar aos axentes e darse cabezazos contra o biombo de protección do coche.

ÚLTIMAS

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...

Dous detidos nun operativo contra un punto de venda de drogas en Vigo

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dous homes...

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e Los Muchahos, no cartel do Festival de Cans

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e os Raparigos son algunhas das...