InicioCulturaAs mulleres, as protagonistas do festival Daquelas que Cantan de Mos

As mulleres, as protagonistas do festival Daquelas que Cantan de Mos

O evento durará ata o sábado e estará protagonizado por cantoras do nivel de Celina da Piedade (Portugal) ou Kátya Teixeira (Brasil).

PUBLICADO O

- Advertisement -

As mulleres serán as protagonistas na primeira edición do festival Daquelas que Cantan, A Voz das mulleres no Camiño Portugués. O evento, que comeza o venres 21 de xuño no Pazo de Mos, durará ata o sábado e estará protagonizado por cantoras do nivel de Celina da Piedade (Portugal) ou Kátya Teixeira (Brasil). Tamén terán presentes outras artistas como o grupo Malvela, Arume, Zaragateiras ou Ergutío. O festival contra, entre outros, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Concello de Mos.

Este festival preséntase como pioneiro en Galicia xa que conta soamente con voces femininas nun encontro vogal protagonizado por mulleres depositarias da nosa memoria colectiva e patrimonio inmaterial. Ademais dos concertos, o certame contará tamén con obradoiros de canto, unha mostra de artesanía local e outras actividades.

ACTIVIDADES

O festival abrirá a tarde cun obradoiro de canto alentejano, xénero tradicional propio dunha zona de Portugal, impartido por Celina da Piedade. A portuguesa estará convidada xunto con Kátya Teixeira e Uxía no concerto da noite levado a cargo por Malvela. Antes abrirase oficialmente o festival cunha charla titulada “O canto popular feminino na lingua galega”.

O sábado pola mañá comezará cunha andaina para a recollida de herbas de San Xoán a cargo da empresa de xardinaría ADOA, unha das entidades colaboradoras do festival. Despois de comer haberá de novo un obradoiro de canto, esta vez centrado nos cantos tradicionais de Brasil. O certame pechará, de novo, cun concerto de Piedade e Kátya Teixeira. Neste caso, as mulleres convidadas serán Uxía e Ergutío

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Deteñen un home en Vigo por causar lesións a outra persoa durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un...