InicioSucesosCondenan o Concello de Vigo a indemnizar a unha muller que caeu...

Condenan o Concello de Vigo a indemnizar a unha muller que caeu nun paseo do porto

O xuíz recolle que o mantemento da zona era responsabilidade municipal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do contencioso administrativo número 1 de Vigo ditou sentenza na que estima un recurso dunha muller que demandou ao Concello olívico polos danos sufridos como consecuencia dunha caída no paseo de madeira situado no porto, na dársena fronte ao centro comercial A Laxe, e condena ao Concello a indemnizala en máis de 26.000 euros.

Segundo a sentenza, de data 11 de xuño de 2019, a prexudicada sufriu unha caída nese paseo en febreiro de 2016 e tivo unha rotura nun óso do cóbado. Como consecuencia, estivo varios días ingresada nun hospital, tivo que ser intervida cirurxicamente e estivo de baixa laboral durante varios meses, ademais de padecer secuelas fisiológicas e estéticas.

A muller presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Concello, que a desestimou, e acudiu posteriormente á vía contencioso administrativa, que agora lle deu a razón.

Na súa resolución, o xulgado vigués sinala como acreditado que a caída se debeu a que a muller tropezou cun taboleiro de madeira que estaba levantado, e sinala que, en termos xerais, o pavimento de taboleiros de madeira do paseo “presenta un deficiente estado de conservación”.

Tamén recolle que “o mantemento da vía corresponde ao Concello de Vigo”, conforme se recolle no convenio subscrito pola administración municipal, o Porto e a Zona Franca, en xullo de 1997 (convenio de ‘Abrir Vigo ao Mar’).

SENTENZA

Por todo iso, condena ao Concello de Vigo e á súa aseguradora a indemnizar á prexudicada en 26.111,47 euros, máis intereses, nunha sentenza que é firme, e contra a que non cabe recurso ningún.

O Porto e o consistorio olívico recibiron numerosas reclamacións e demandas por danos derivados de caídas en zonas de paseo portuarias. Ademais, ambas as administracións se enfrontaron e discutiron arredor de onde empeza e onde remata a responsabilidade do mantemento nesas zonas.

Ese debate trasladouse tamén á zona do paseo de madeira que se afundiu durante a celebración dun concerto no festival O Marisquiño do ano pasado. O Concello sostén que a área colapsada é competencia do Porto, e que se afundiu por falta de mantemento da estrutura do peirao; mentres que o Porto entende que era o Concello o encargado de manter a zona en óptimas condicións, con arranxo ao convenio de ‘Abrir Vigo ao mar’.

ÚLTIMAS

Home de 50 anos afúndese na Punta da Foz en Baiona

Un home de arredor de 50 anos, natural de Ourense, sufriu este domingo un...

Xulgan en Vigo un home acusado de estafar máis de 158.000 dólares na compra de produtos do mar

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará este...

Desaparecido en Vigo. Piden axuda para localizar a Antonio

As autoridades e a organización SOS Desaparecidos buscan con urxencia a Antonio Alonso Costas,...

O condenado pola agresión sexual en Vialia xa estivera en prisión por violar e matar un bebé en 1999

Francisco Javier Campos Triñanes, un home de 58 anos cun pasado criminal marcado polo...