InicioVigo e contornaVigoVigo e A Coruña, entre as primeiras 15 cidades con rede 5G...

Vigo e A Coruña, entre as primeiras 15 cidades con rede 5G a partir do 15 de xuño

O servizo de 5G estará incluído nos novos plans de contratos. En concreto, os clientes con tarifas Vodafone Ilimitada Total e Vodafone One Ilimitada Total poderán gozar da nova tecnoloxía móbil mantendo o mesmo prezo actual.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vodafone lanzará o próximo 15 de xuño a primeira rede comercial de 5G que se pon en marcha en España, que estará a disposición dos clientes da operadora en 15 cidades, onde alcanzará unha cobertura de aproximadamente o 50%.

Entres as primeiras cidades conectadas por 5G atópanse Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Bilbao e Valencia, onde a compañía xa anunciou en xullo de 2018 o despregamento precomercial, ás que se suman Zaragoza, Vitoria, San Sebastián, A Coruña, Vigo, Xixón, Pamplona, Logroño e Santander.

O despregamento realizouse sobre a frecuencia de 3,7 Ghz, onde a operadora se adxudicou 90 Mhz na poxa de espectro realizada o pasado mes de xuño. A velocidade da rede é de ata 1 Gbps en descarga de datos e a finais de ano poderanse alcanzar ata 2 Gbps, multiplicando por dez as velocidades 5G.

O servizo de 5G estará incluído nos novos plans de contratos. En concreto, os clientes con tarifas Vodafone Ilimitada Total e Vodafone One Ilimitada Total poderán gozar da nova tecnoloxía móbil mantendo o mesmo prezo actual.

“Este venres España pasa a ser un dos países pioneiros do 5G en Europa da man de Vodafone”, afirmou o presidente e conselleiro delegado de Vodafone España, Antonio Coimbra, en rolda de prensa.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...