InicioVal MiñorBaionaOfrecen 1.500 euros a quen informe sobre unha nova "matanza" de sete...

Ofrecen 1.500 euros a quen informe sobre unha nova “matanza” de sete poldros en Oia

PUBLICADO O

- Advertisement -

As organizacións animalistas Libera e Fundación Franz Weber ofrecen 1.500 euros a quen achegue información acerca dunha “nova matanza” de poldros nos montes de Oia (Pontevedra).

Segundo trasladaron a través dun comunicado, nesa zona foron localizados os restos de sete equinos de pouca idade, e ofrecen esa recompensa para tratar de dar co autor ou autores desas mortes, posiblemente motivadas por “o roubo de carne” para unha venda posterior.

Estas organizacións advertiron de que, ademais do delito de malos tratos animais, os responsables desas mortes poderían incorrer en delitos contra a saúde pública se pretenden vender a carne de poldro sen controis sanitarios nin de rastrexabilidade.

Libera e Fundación Franz Weber insistiron en que a falta de lexislación específica sobre casos de malos tratos con resultado de morte de animais supón que as sancións son inferiores ás recollidas na propia Lei de Benestar Animal de Galicia, unha norma que “excluíu” aos cabalos do seu ámbito de protección, a pesar das “protestas dos animalistas“.

A ese respecto, lembraron que levan recollidas máis de 164.000 firmas para pedir en Galicia a primeira lei sectorial para protexer aos cabalos, asnos e burros, nun territorio onde estes animais son “empregados en espectáculos” como a Rapa das Bestas.

Finalmente, instaron á Consellería de Medio Rural a pór en marcha campañas informativas e disuasorias sobre o trato que reciben os cabalos, e a reforzar a vixilancia, “esixindo aos propietarios dos animais un maior control sobre a súa protección”, porque “non poden despreocuparse deixándoos á súa sorte nos montes”.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...