InicioSociedadeInvestigadores abordan o estado de saúde das zonas costeiras nun simposio internacional...

Investigadores abordan o estado de saúde das zonas costeiras nun simposio internacional en Vigo

A cita desenvolverase este martes e mércores, 4 e 5 de xuño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un centenar de investigadores participan durante este martes e este mércores, 4 e 5 de xuño, en Vigo nun simposio internacional no que se debate sobre os enfoques cos que se abordan a monitorización e a avaliación de procesos bioxeoquímicos.

O International Estuarine Biogeochemistry Symposium celébrase así por primeira vez en España e está organizado polo polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), segundo recolleu esta entidade nun comunicado.

O evento aborda como a presenza do ser humano nas zonas costeiras pode afectar ao papel ecolóxico que desempeñan estas grazas aos nutrientes e ao carbono orgánico que reciben. Así, búscase entender como se transforman as sustancias químicas e cal é o seu destino en sistemas nos que se producen procesos e declives antropoxénicos e naturais.

Durante o simposio os especialistas abordarán estudos relacionados coas fontes, o comportamento e o destino dos nutrientes, a materia orgánica e os contaminantes, entre outros. Así mesmo, celebrarase unha sesión sobre a presenza de microplásticos nos sistemas costeiros e o seu efecto en ciclos biogeoquímicos de nutrientes e elementos químicos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...