InicioCultura"A gorxa tocada por Deus" estará moi presente no Festival Intercéltico do...

“A gorxa tocada por Deus” estará moi presente no Festival Intercéltico do Morrazo

Capercaillie, unha das bandas célticas con máis prestixio, cabeza de cartel do XXXIV Festival Intercéltico do Morrazo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Como a música escocesa, que chega triunfal á súa maioría de idade no século XXI, Capercaillie é a banda que medrou con ela, primeiro emerxendo e despois liderando a vangarda do seu actual rexurdimento.

Capercaillie compóñeno algúns dos músicos célticos máis solicitados do mundo. A vocalista principal Karen Matheson -posuidora dunha “gorxa tocada por Deus”, segundo dixo Sean Connery– está considerada como unha das máis finas cantantes escocesas, tendo ampliado os seu rexistros nunha serie de álbums en solitario e tamén en colaboracións a nivel mundial.

Ademais de participar en concertos como o Transatlantic Sessions, ou levar a dirección artística do Celtic Connections de Glasgow, Donald Shaw (acordeón, teclados) é continuamente requirido  coma produtor e compositor. Máis recientemente tamén destacou pola banda sonora da exitosa serie da BBC1, Hebrides – Islands On The Edge.

Charlie McKerron, o violinista da banda da costa leste, tamén é recoñecido polas súas habilidades compositivas e proxectos paralelos, incluído o seu papel como violinista no supergrupo Session A9.

De procedencia irlandesa gaeltachd, o guitarrista Manus Lunny é o eixe rítmico da banda dende a súa gravación seminal Sidewaulk, e ademais de escribir e xirar coa banda, dedica gran parte do seu tempo a colaboracións no seu estudo de Donegal.

O extraordinario frautista Michael McGoldrick, considerado como o sucesor do icónico Matt Molloy, dedicou gran parte dos últimos anos a percorrer o mundo como membro da banda de Mark Knopfler; e a sección rítmica: o baixo Ewen Vernal (ex Deacon Blue), o baterista Che Beresford e o percusionista David Robertson, encarnan a síntese perfecta de enerxía e sensibilidade nos seus espectáculos en vivo.

Formación:

  • Karen Matheson: Voz
  • Donald Shaw: Teclados, acordeón
  • Charlie McKerron: Violín
  • Manus Lunny: Buzuki, guitarra
  • Michael McGoldrick: Frauta, tin whistle, gaita irlandesa
  • Ewen Vernal: Baixo
  • David Robertson: Percusión
  • Che Beresford: Batería

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...