InicioMedio Ambiente e PatrimonioFeijóo presume que a súa candidtura Cíes-Illas Atlánticas está xa na fase...

Feijóo presume que a súa candidtura Cíes-Illas Atlánticas está xa na fase final

Está pendente un estudo técnico e científico do que se encargarán expertos das tres universidades galegas en colaboración coa Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

candidatura de Cíes-Parque Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade entra na súa “recta final” coa elaboración dun estudo técnico e científico do que se encargarán expertos das tres universidades galegas en colaboración coa Xunta.

Trátase, segundo concretou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dun dos últimos pasos para a declaración do complexo insular galego como Patrimonio da Humanidade da Unesco, tendo en conta que a candidatura de Cíes-Illas Atlánticas xa figura na lista indicativa do Goberno español.

Transcorrido un ano desde que o Ministerio de Cultura dese o visto e prace á candidatura galega, o seguinte paso será que o Estado a inclúa na lista definitiva que proporá á Unesco no ano 2021. De facelo, segundo o presidente galego, Cíes-Illas Atlánticas estaría virtualmente dentro do Partimonio da Humanidade da Unesco, xa que “normalmente” as candidaturas dos países “reciben o visto e prace pola Unesco”.

Así as cousas, a Administración autonómica e as tres universides galegas –Santiago, A Coruña e Vigo– colaborarán na redacción do “formulario” técnico para que sexa “sólido na súa construción” e debe incluír “avaliacións metódicas feitas por expertos con criterio científico e rigor”.

ÚLTIMAS

Vigo acolle este sábado concentracións contra o ataque de EE.UU. a Venezuela

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Vigo despois de...

Un erro ao alimentar unha caldeira de leña con carbón provoca unha intoxicación por monóxido de carbono en Oia

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Povisa, en Vigo, con síntomas de intoxicación...

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...