InicioPolíticaAbel Caballero insiste en que o Porto debe arranxar o peirao afundido...

Abel Caballero insiste en que o Porto debe arranxar o peirao afundido “e deixarse de escusas”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este luns en que o Porto debe arranxar o peirao que se afundiu durante a celebración do festival do Marisquiño (en agosto do ano pasado) “e deixarse de escusas”.

Caballero respondeu así ao comunicado do presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, no que este insistía en que a responsabilidade do mantemento desa zona é do Concello (en virtude do convenio Abrir Vigo ao Mar) e daba un prazo de 30 días ao goberno municipal para levar a cabo a reparación.

O alcalde olívico instou a López Veiga a “que lea o que dixo a xuíza” que instrúe a investigación, que “lle ordenou” que mantivese a seguridade na zona do accidente e que mesmo “non descartase” refacer o peirao colapsado.

Así, Abel Caballero engadiu que mesmo “os peritos independentes” certificaron que o accidente se produciu por deficiencias estruturais nun peirao que “é competencia exclusiva e obrigación do Porto”.

“Ao presidente do Porto non lle deixa Feijóo. Está a imporlle, obrígalle a saír a dicir todas estas cousas, porque sabe que aquilo é competencia do Porto”, proclamou o alcalde, quen instou ao organismo portuario a arranxar os danos “e deixarse de escusas”.

Por outra banda, Caballero criticou que a Autoridade Portuaria rexeitase a oferta de Zona Franca, de ampliar o aparcadoiro da Laxe e rexenerar toda esa zona, incluído o peirao onde se produciu o afundimento. “Feijóo obrigou ao presidente do Porto a dicir que non (…), porque quere chegar a eleccións con esta lea”, resolveu o rexedor.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...