InicioPolíticaMarea promete que Vigo estará nas negociacións de Podemos co PSOE para...

Marea promete que Vigo estará nas negociacións de Podemos co PSOE para o futuro Goberno

O candidato de Marea de Vigo á Alcaldía, Rubén Pérez, comprometeuse este martes a que a cidade estea "na axenda política da negociación do novo Goberno" de España e a que os seus intereses sexan defendidos no Congreso dos Deputados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato de Marea de Vigo á Alcaldía, Rubén Pérez, comprometeuse este martes a que a cidade estea “na axenda política da negociación do novo Goberno” de España con Unidas Podemos e a que os seus intereses sexan defendidos no Congreso dos Deputados.

Segundo comunicou esta formación, xa trasladaron aos deputados Yolanda Díaz e Pablo Iglesias un documento que recolle as principais necesidades da cidade e actuacións de competencia estatal que incumben a Vigo, como a conversión en viaria urbano do tramo de entrada da AP-9 na cidade por Teis, a gratuidade da peaxe de Rande-Redondela, a saída sur ferroviaria, os “riscos” de privatizar servizos portuarios ou a construción da biblioteca do Estado.

A ese respecto, a candidatura de Marea de Vigo manterá un encontro o próximo 22 de maio con Pablo Iglesias, aproveitando que estará na cidade olívica para participar nun acto electoral, e ao que trasladarán esas peticións.

Ademais, Rubén Pérez afirmou que Vigo estará “presente” nas negociacións para a conformación do novo Goberno de España “que están a manter En Común-Unidas Podemos e Pedro Sánchez.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...