InicioSociedade"No Cunqueiro hai subcontratación case total... É o negocio do século"

“No Cunqueiro hai subcontratación case total… É o negocio do século”

Falamos co SAGAP e a CIG sobre o actual conflito entre auxiliares de enfermaría e a xerencia do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúa no Hospital Álvaro Cunqueiro o conflito entre as/os auxiliares de enfermaría e a dirección do centro. Este xoves os sindicatos reuníronse con Félix Rubial, xerente da UCI de Vigo e máximo representante da Concellería de Sanidade na comarca de Vigo. Falamos con María Luisa Enríquez Velicia, presidenta do SAGAP (Sindicato Sanitarios Galegos Públicos).

P- Cal é o orixe deste conflito?

R- Do traballo da roupa sucia sempre se encargou o departamento de limpeza, actualmente subcontratado á empresa privada Adega. Estas roupas, gardadas en bolsas, son un residuo biosanitario potencialmente contaminante, porque hai sangue, outros fluídos, anacos de pel… A empresa de limpeza é externa, e cando se fixo a concesión do hospital, organizáronse e delimitáronse as tareas, pero no tema das bolsas de roupa houbo un vacío legal. O persoal de limpeza dixo que estaban dispostos a facer de tódolos xeitos este traballo se aumentaban o persoal, posto que non daban abasto, tendo en conta as grandes dimensións do hospital. Mide 750 metros de punta a punta.

Sindicatos no Cunqueiro
Sindicatos de enfermaría reunidos no Cunqueiro/ Miguel Núñez

P- E que ocorreu?

R- Posto que ao non cumplirse esta condición, Acciona recurriu e tendo en conta o baleiro legal o árbitro lles deu a razón. Cal é o problema? Que tódalas funcións non delimitadas as asume o Sergas. Estas bolsas non se poden arrastrar por lei, hai que cargalas en peso de unha en unha, nin poden estar no chan porque contaminan. E quen está en contacto con estes residuos non debería estar en contacto cos pacientes. Pero oblígannos a facelo nós, ás auxiliares de enfermaría.

P- E as auxiliares de enfermaría defendedes que non é a vosa función.

R- Xa nos encomendan moitas tareas das enfermeiras por exemplo. Debería encargarse a limpeza á lavandería, pero non hai, externalizaron ese servizo, tamén está subcontratada a perruquería, a cociña… Menos o persoal propiamente sanitario, todo está subcontratado, coma concesións a empresas externas. Non se pode nin colgar unha pancarta nas paredes, porque é un edificio privado.

Alvaro Cunqueiro Enfermaria
Protesta do servizo de enfermaría / Miguel Núñez

P- Entón estase a acumular a roupa?

R- Non se acumula a roupa porque o xerente deu a orde de que tiña que facerse, baixo ameaza de expediente disciplinario. Xa foron abertos 32, e estamos estudando abrir accións xudiciais por conflito colectivo.

P- Quen credes que pode ter máis forza nas negociacións ou impoñerse nelas?

R- É un pulso entre os traballadores e a xerencia e non se sabe o que vai pasar.

EMPRESA PRIVADA

Por outra banda, dende a CIG consideran que “é empresa privada sobre empresa privada, todo concesións, incluso o quiosco, e xa se sabe como son as subcontratas: se pode contratarse a unha empresa que o fai por dous euros, non se escollará á que cobra catro, co prexuízo á calidade”.

Do mesmo modo, engaden que “a cafetaría do Xeral tiña que presentar unha carta de prezos externa e outra con desconto para os traballadores, e a diferenza a cubría a empresa, pero agora no Cunqueiro esta diferenza, tamén o párking, a está a asumir o noso servizo público de saúde. É o negocio do século“.

Xerente sindicatos Cunqueiro
O xerente, Félix Ruibal, falando cos sindicatos / Miguel Núñez

Por último, recalcan que “quen contrata ás empresas externas non é o propio Sergas, senón unha empresa concesionaria que á súa vez subcontrata ás demais”. Non o consideran sorpresivo: “o PP cre nun modelo de asistencia médica coma esta, sometida ao mercado. Pero ao novo hospital de Pontevedra non se vai exportar, porque ten ata custe político. Temos o desastroso exemplo do hospital valenciano que fracasou na súa privatización, tivo que ser rescatado e agora é público.

Pola súa parte, dende a xerencia deste hospital non quixeron dar a súa versión a este medio, polo que non podemos coñecer a súa postura.

ÚLTIMAS

Caballero, feliz de que a A-52 entre Vigo e O Porriño está “absoluta e irreversiblemente en marcha”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores que, coa publicación no BOE...

OPINIÓN.- As competencias dos concellos

Ultimamente vemos como entre as distintas administracións vanse pasando a pelota das competencias e...

Vigo pide á Xunta “toda a información” sobre o túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes á Xunta de Galicia "toda...

As obras da bancada de Gol comezarán a finais de xaneiro e a Avenida de Madrid en marzo, anuncia Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que as obras da bancada de Gol...