InicioEconomíaFacenda presume en Vigo de que se incrementaron as declaracións presentadas este...

Facenda presume en Vigo de que se incrementaron as declaracións presentadas este ano

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 300.000 contribuíntes de Galicia presentaron nas primeiras cinco semanas de campaña a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) correspondente a 2017, o que supón un 13% máis que na mesma data do ano anterior. Do total, 247.500 resultaron a devolver e delas xa se pagaron 194.000, cun montante devolto de 116 millóns.

Os datos foron presentados este xoves pola delegada especial da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Galicia, Imelda Capote Martín, e a directora da Axencia Tributaria de Galicia, María Victoria González, no mesmo día en que arrinca a atención persoal en oficinas, a cal se manterá até o último día de campaña, o próximo 2 de xullo.

Segundo manifestou Capote, presentáronse 247.500 declaracións con solicitude de devolución, que representan un 11% máis que a estas alturas da campaña do pasado ano. Do total, até o momento xa se abonaron o 78% (a 194.025 contribuíntes), e a cantidade total devolta supón case un 15% máis que o que se devolveu o pasado ano nas mesmas datas.

Con iso, manifestou que se axilizou a presentación das declaracións da renda, pero tamén a devolución das cantidades a percibir. En canto ás declaracións con resultado a ingresar, trasladou que tamén se axilizaron e experimentaron un crecemento interanual do 29%, até superar as 43.300.

Capote vinculou o incremento de declaracións presentadas e devolucións á estratexia de anticipar a mediados de marzo o que os usuarios puidesen acceder aos seus datos fiscais, así como á nova ‘app’ (aplicación para o móbil) e ao plan ‘Chamámoslle’ (que permite coller cita ou facer a declaración por teléfono). Por estes dous métodos a día de hoxe presentáronse 11.000 declaracións.

Así mesmo, este xoves iniciouse a campaña presencial nas 22 oficinas nas sedes da Axencia Estatal de Administración Tributaria, en sete das cales traballan 50 funcionarios cedidos pola Axencia Tributaria de Galicia, xa que o 50% da recadación vai ás comunidades autónomas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...