InicioCulturaPatrimonio da Xunta pon reparos ao gran proxecto de Caballero para a...

Patrimonio da Xunta pon reparos ao gran proxecto de Caballero para a Gran Vía

A Dirección Xeral de Patrimonio informou negativamente sobre o proxecto de reforma da Gran Vía de Vigo e insta o Concello a súa reelaboración para garantir a preservación dos valores paisaxísticos, sociais e culturais do actual bulevar e da contorna dos edificios catalogados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A remodelación da Gran Vía de Vigo terá que agardar. Polo momento, tal e como estaba planificada non se poderá facer. A Xunta, a través da Dirección Xeral de Patrimonio, emitiu un informe negativo en contra da obra. Así o informou este xoves o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves. O informe conclúe que o proxecto de instalación de ramplas mecánicas non é compatible co establecido na Lei de patrimonio cultural.

Patrimonio elaborou o seu informe con “celeridade”, tendo en conta de que o proxecto de reforma da Gran Vía conta con financiamento da UE e parte da mesma está previsto executar este ano. López Chaves suliñou que foi elaborado por un técnico de Patrimonio, e que o ditame emanou da comisión territorial, e engadiu que o Concello de Vigo terá agora un prazo para presentar alegacións. Ademais, criticou que o Concello de Vigo decidise solicitar o informe de Patrimonio unha vez que sacou a licitación o proxecto, cando “o normal”, dixo, é consultar durante a fase de elaboración.

“NON É VINCULANTE”

Con todo, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, xa dixo que non terá en conta este informe porque “non é vinculante”. “Así mo trasladaron os técnicos municipais que din que se trata dunha opinión, nada máis”.

Salvemos el bulevar da Gran Via
Salvemos a Gran Via por un vigo verde en defensa do bulevar central da Rua .

“Como non o paran con manifestacións agora a Xunta saca un ditame que non é vinculante”, criticou sobre as protestas contrarias á obra das que xa falou este medio para responsabilizar disto ao seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, e á súa estratexia de “parar as grandes obras de Vigo”. Así, insistiu en que o proxecto “é firme”, por canto someteuse a información pública e “non se alegou nada” por parte da Xunta, como tampouco fixo na reunión de onte da comisión territorial de Patrimonio, segundo indicou.

Ademais criticou que se permitiran instalar escaleiras mecańicas na rúa II República cando discorren xunto ao edificio Simeón, “unha xoia arquitectónica de Europa”, mentres que en Gran Vía o edificio catalogado máis próximo ás ramplas está a “quince metros”. E lembrou que en Toledo, cidade patrimonio da Unesco, hai instaladas cintas transportadoras cubertas con madeira.

E cando pensa comezar as obras?. “Iso téñeno que decidir os técnicos”, dixo. Un feito que pode provocar un novo choque coa Xunta logo do informe de Patrimonio.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...