InicioSucesosIntervidos 7.000 paquetes de tabaco de contrabando na autovía A-55 en Tui

Intervidos 7.000 paquetes de tabaco de contrabando na autovía A-55 en Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a catro cidadáns portugueses que supostamente se dirixían a Portugal en dous vehículos cun cargamento de 7.000 paquetes de tabaco de contrabando que foi interceptado na A-55 ao seu paso por Tui por mor dun auxilio prestado a un coche parado na autovía cunha roda picada.

Segundo o Instituto Armado, os feitos sucederon ás 6,00 horas do pasado día 28 cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño localizou a dous vehículos estacionados na autovía A-55, a tres quilómetros da fronteira con Portugal, cando se dirixían a montar un dispositivo de seguridade viaria con motivo das festas de San Telmo en Tui.

As primeiras medidas adoptadas pola patrulla da Agrupación de Tráfico foi sinalizar a zona para garantir a seguridade viaria, debido a que un dos vehículos necesitaba cambiar unha roda que tiña picada, indicaron as mesmas fontes.

“O nerviosismo do condutor do vehículo avariado cando estaba a ser asistido pola patrulla deu lugar a que, unha vez concluído o auxilio mecánico, procedesen a inspeccionar os dous turismos”, sinalou a Benemérita.

Así, ao rexistrar os vehículos, un Toyota Avensis e un Renault Megane, os dous con placas de matrícula portuguesa, púidose observar que ambos transportaban senllos cargamentos de paquetes de tabaco, “sen as preceptivas precintas fiscais que puidesen acreditar a súa legal importación”, destaca a Garda Civil.

En total se aprehendieron 17 caixas que contiñan 7.000 paquetes de distintas marcas, cuxo valor no mercado aproxímase aos 30.000 euros, asegura a Benemérita

No interior dos vehículos os axentes incautáronse tamén de 3.572 euros en moeda fraccionaria e sete teléfonos móbiles, tres deles sen conexión de datos nin xeolocalización.

COLABORACIÓN

Co apoio da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil en Vigo, concluíuse coa aprehensión do tabaco e a incautación do diñeiro, os terminais móbiles e os dous vehículos.

Ademais, procedeuse á detención dos condutores e os seus respectivos acompañantes como presuntos autores dun delito de contrabando. Trátase de catro cidadáns portugueses, tres homes e unha muller, en idades comprendidas entre os 20 e os 42 anos, veciños de Vilanova de Gaia, Matosinhos e Porto, algún deles con antecedentes por feitos similares.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...