InicioPolíticaAbel Caballero cre que Sánchez vai arrasar en Vigo tras facer números...

Abel Caballero cre que Sánchez vai arrasar en Vigo tras facer números coa asistencia a mítines

Lembra que Pablo Casado reuniu a 400 persoas; Pablo Iglesias "a unhas 1.600" e Pedro Sánchez "a 4.000, 2.000 arriba e 2.000 abaixo", asegura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da agrupación socialista local, Abel Caballero, vaticinou este venres que o resultado de Pedro Sánchez na urbe olívica “vai ser excepcional“, e aludiu ás cifras de asistencia ao mitin que o candidato socialista ofreceu na cidade o pasado 16 de abril.

Segundo apuntou o rexedor, no mesmo escenario, o Auditorio Mar de Vigo, Pablo Casado reuniu a 400 persoas; Pablo Iglesias “a unhas 1.600” e Pedro Sánchez “a 4.000, 2.000 arriba e 2.000 abaixo” –a pesar de que o mesmo día do mitin do PSOE, fontes do partido cifraron a asistencia nunhas 3.000 persoas–.

En Vigo, o resultado de Sánchez vai ser excepcional. As enquisas que coñezo danlle ben ao PSOE, pero hai espabilar”, aseverou, e criticou que o candidato do PP, Pablo Casado, “xa abertamente confesa” que estaría disposto “a gobernar coa extrema dereita”. “Se cadra é que está moi tocado”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...