InicioPolíticaPablo Iglesias outorga á Coruña o posto que corresponde a Vigo como...

Pablo Iglesias outorga á Coruña o posto que corresponde a Vigo como primeiro porto pesqueiro de Europa

O líder de Podemos di que o porto coruñés é, "probablemente, o máis importante de Europa de descarga de peixe fresco". Un erro do que ninguén lle sacou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato de Unidas Podemos a presidencia do Goberno e secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, non sabe cal é o porto pesqueiro máis importante de Europa. Nunha visita á lonxa da Coruña, cualificou como “unha honra” e “un orgullo” visitar as instalacións do porto coruñés, ao que cualificou como “probablemente, o máis importante de Europa de descarga de peixe fresco”. Un erro do que ninguén lle sacou.

Iglesias semella que non consultou os datos oficiais: Vigo é o porto líder en Europa en descarga de peixe fresco. Só o ano pasado, a lonxa viguesa foi a que máis desembarcos de pesca fresca rexistrou, con 78.169 toneladas, case o dobre que A Coruña (42.418 toneladas), que ocupa o segundo posto en España.

Máis en Galicia Confidencial.

 

ÚLTIMAS

Traballadores de Iberconsa mobilízanse en Vigo para esixir un convenio propio que mellore o marco estatal

O malestar laboral trasládase ás portas do sector do mar en Vigo. Traballadores de...

Atopan morta a unha persoa na piscina dunha vivenda en Redondela

O 112 informou este luns de que foi localizado o corpo sen vida dunha...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...

A UVigo conmemora o Día Mundial dos Océanos cos aniversarios da Ecimat e do Centro de Investigación Mariña

A Universidade de Vigo (UVigo) celebrou este luns o 20º aniversario da apertura da...