InicioVigo e contornaVigoEn Marea propón xubilación aos 65 anos e un salario mínimo de...

En Marea propón xubilación aos 65 anos e un salario mínimo de mil euros

Luís Villares referiuse a a decisión de Pedro Sánchez de participar nun debate 'a catro' na televisión pública, e lembrou que En Marea reivindica o seu dereito a "participar en pé de igualdade" en debates nos que participan "outras forzas que tiveron representación parlamentaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Marea presentou este mércores, nun encontro con pensionistas en Vigo, as súas propostas para que este colectivo recupere a “dignidade” que lle foi arrebatada durante a crise “polas políticas do PP”.

Así, segundo explicou o portavoz de En Marea, Luís Villares, estas propostas pasan por rebaixar a idade de xubilación aos 65 anos, porque “non é xusto que, despois dunha vida de traballo, se prorrogue o traballo dous anos máis, como se fixo coas reformas laborais”.En Marea tamén propuxo subir as pensións máis baixas, ata equiparalas co Salario Mínimo Interprofesional, que “ten que chegar ata os 1.000 euros”.

Finalmente, expuxeron acabar co copago farmacéutico, tras ver o “sufrimento” de moitas persoas maiores que non podían pagar os seus tratamentos. Por outra banda, a preguntas dos medios, Luís Villares referiuse a a decisión de Pedro Sánchez de participar nun debate ‘a catro’ na televisión pública, e lembrou que En Marea reivindica o seu dereito a “participar en pé de igualdade” en debates nos que participan “outras forzas que tiveron representación parlamentaria”.

A ese respecto, proclamou que a súa formación non sente “representada” en “ningunha das opcións que quere Pedro Sánchez”, e reclamou presenza propia de En Marea porque “é a forza que vai facer que o PSOE faga políticas de esquerda, progresistas e que non esquezan a Galicia”. “Xa vimos o que pasou cando non contou con En Marea, que fixo uns orzamentos lesivos para Galicia“, apuntou Villares.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...