InicioSucesosDetidas dúas persoas en Vigo que se facían pasar por revisores do...

Detidas dúas persoas en Vigo que se facían pasar por revisores do gas e luz por 15 furtos en domicilios

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil de Ourense, en colaboración con compañeiros da Comandancia de Pontevedra, detiveron no aeroporto vigués de Peinador por 15 furtos en domicilios a dúas persoas de nacionalidade española que se facían pasar por revisores de gas e luz.

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, as dúas persoas foron detidas por 15 delitos de furto en vivenda habitada, tres de estafa e un contra a seguridade viaria. Ademais, destacou que no operativo incautáronse gran parte dos obxectos roubados.

Estas persoas, relatan as mesmas fontes, facíanse pasar por revisores do gas e a luz para entrar no interior de vivendas de persoa de idade avanzada, ás que subtraían supostamente xoias e diñeiro.

No rexistro da súa vivenda na localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa os axentes incautáronse de xoias tales como pendentes, colgante, aneis e pulseiras; 304 cartuchos do calibre 22 curto; 1.500 euros en efectivos; dous teléfonos móbiles e catro gramos de cocaína e 20 de haxix, así como utensilios para manipular sustancias estupefacientes.

ÚLTIMAS

UGT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UGT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...