InicioMovementos SociaisPensionistas saen á rúa para "defender as pensións actuais e futuras"

Pensionistas saen á rúa para “defender as pensións actuais e futuras”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións (Coespe) celebrou este sábado mobilizacións en 270 localidades de toda España, entre as que se atopan os concellos de Vigo, Cangas e Nigrán, ademais dos da Coruña, Cariño, Ferrol, Lugo, Noia, Pontevedra ou Ribadeo, para “defender as pensións actuais e futuras”.

Neste sentido, Coespe considerou “crucial” para o Sistema Público de Pensións o actual ciclo electoral e principalmente as eleccións xerais do 28 de abril, “moito máis despois de que o pasado día 4 de abril o Parlamento Europeo deulle as costas aos dereitos dos cidadáns aprobando o Plan Europeo de Pensións Individuais, todo un torpedo á liña de flotación dos sistemas públicos de pensións en Europa”.

“Non puidemos evitar a súa aprobación a pesar do esforzo realizado, pero non nos imos a render, non por iso, non por ningún contratempo que teñamos”, explicou a organización, que asegurou que os pensionistas “xogarán un papel primordial e decisivo” nas eleccións.

Así, o Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (Modepen) tamén participou nestas concentracións e indicou nun comunicado que os pensionistas están “nun momento de absoluta encrucillada” xa que “se están xogando o futuro” do Sistema de pensións público, polo que xustificou a realización destas protestas.

“É certo que nesta batalla xa levamos uns anos, pero é agora cando realmente necesitamos demostrar que si se pode. Puidemos co Goberno do PP e o seu 0,25 (en relación á subida do 0,25% das pensións que levou a cabo o Partido Popular), conseguimos a suba co IPC o ano pasado e este. Conseguimos, coas nosas mobilizacións, frear algo a caída en barrena do Sistema Público de Pensións”, reivindicou.

Con todo, Modepen lamentou que “a ameaza segue aí“, e responsabilizou aos “políticos do bipartidismo” de “contribuír a destruír o Sistema Público de Pensións”.

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

García Mateo aposta por unha UVigo máis presente na cidade e conectada coa sociedade

A reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, reivindicou a importancia de...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...