InicioSociedadePiden 14 anos de cárcere para o acusado de violar unha muller...

Piden 14 anos de cárcere para o acusado de violar unha muller preto dunha discoteca en Tui

O home aproveitouse da rapaza mentres esta estaba baixo os efectos do alcol

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra celebrará o vindeiro venres, día 22 de marzo, un xuízo contra un home acusado de violar unha muller nun canellón sen saída próximo a unha discoteca de Tui. A Fiscalía pide unha pena de 14 anos de prisión por un delito de agresión sexual e un delito leve de lesións.

O Ministerio Fiscal tamén reclama a prohibición de aproximarse á vítima, ao seu domicilio, ao seu lugar de traballo ou a calquera outro sitio frecuentado por ela a unha distancia inferior a 500 metros. Tampouco poderá comunicarse con ela por calquera medio, directo ou indirecto, durante un período de dez anos.

Así mesmo, o acusado, por responsabilidade civil, terá que indemnizar á muller con 9.000 euros polos danos morais inherentes ao acto de violación cometido e con 150 euros polos días de curación das súas lesións. Polo delito leve de lesións, a Fiscalía pide unha pena de tres meses de multa cunha cota diaria de nove euros.

FEITOS

Segundo relata no seu escrito de cualificación o Ministerio Público, os feitos tiveron lugar na madrugada do 4 de decembro do 2016. Aquela noite o acusado achegouse á vítima no exterior dunha discoteca na localidade de Tui. Unha vez fóra, o home propúxolle á muller afastarse algo máis da discoteca, algo ao que ela non accedeu. O acusado reaccionou con forcexeos violentos, “aproveitando que ela se atopaba baixo a influencia do alcol que esa noite inxerira e polo que sentía mareada, chegando nese momento a perder o equilibrio e caer ao chan”.

 

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...