InicioSucesosDescobren en Tomiño 150 quilos "clandestinos" de ourizos de mar

Descobren en Tomiño 150 quilos “clandestinos” de ourizos de mar

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil incautouse este sábado dunha partida de 150 quilos de ourizo de mar, procedentes de Portugal, que “circulaban clandestinamente” con destino á provincia de Pontevedra.

A aprehensión tivo lugar cando unha patrulla de seguridade cidadá do Posto da Garda Civil de Tomiño localizou no mesmo termo municipal unha furgoneta estacionada no aparcadoiro dun restaurante, desde onde se estaba efectuando unha transacción de ourizos de mar.

Segundo informa a Garda Civil, ao inspeccionar a carga do vehículo púidose comprobar que transportaba un cargamento 650 quilos de ourizos procedente de Portugal con destino a dous dos denominados “centros de xestión do ourizo de mar” situados en senllas localidades costeiras da provincia de Pontevedra.

Coa colaboración da Patrulla do Seprona de Ponteareas, procedeuse á pesar a mercadoría e constatouse que levaba un exceso de 150 quilos, que circulaban ilegalmente, sen a preceptiva documentación que puidese acreditar a súa trazabilidad e a súa legal procedencia.

ACTUACIÓN DE GARDACOSTAS

En consecuencia, pasouse inmediato aviso ao Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia, que se acudiu inmediatamente no lugar para facerse cargo dos ourizos intervidos e iniciar o correspondente expediente sancionador pola presunta comisión dunha infracción á vixente Lei de Pesca de Galicia.

No que vai de ano o Seprona da Compañía de Tui, en colaboración con Gardacostas de Galicia, realizou diferentes controis de peixe na estrada nos que se incautaron: 60 quilos de polbo, 60 quilos de robaliza salvaxe, 7 quilos de percebe, 19 quilos de raia e 50 quilos doutras especies, por diferentes infraccións á Lei de Pesca de Galicia.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...