Din que no entroido de Laza (Ourense) cabe todo.
Entras no entroido primitivo, no caos, na anarquía.
Nun lugar doutro mundo. Desde logo non hai nada igual.
Entras na picota da man da “morena”. E xa non hai forma de poñer orde.
Neste caos de terra, fariña, formigas, farrapos e gaitas, vinagre e cervexa, toxos, mundos de onte, mundos de hoxe, móbiles e fentos.
Amor de inverno, carnaval, carne e caos. Homenaxe á festa, á furia, e sobretodo peliqueiros.
Hai que ir a Laza, aínda que non teñas patria nin aldea. Porque estra xente non minte.
Compartir:
- Compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Share on X (Se abre en una ventana nueva) X
- Share on LinkedIn (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn
- Share on Telegram (Se abre en una ventana nueva) Telegram
- Share on WhatsApp (Se abre en una ventana nueva) WhatsApp
- Share on Mastodon (Se abre en una ventana nueva) Mastodon
- Share on Bluesky (Se abre en una ventana nueva) Bluesky

grazas polas imaxes, fantasticas
UN AMANTE DE LAZA