InicioSociedadeA Xunta, incapaz de solucionar o problema sanitario de Vigo

A Xunta, incapaz de solucionar o problema sanitario de Vigo

Os xefes de servizo dimitidos non participaron dunha xuntanza con Sanidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A reunión prevista para este mércores entre a Xunta e os xefes de servizo de Atención Primaria de Vigo para abordar o novo modelo proposto pola Administración autonómica non puido desbloquear a situación debido a que os traballadores consideraron que a comunicación non era a desexada e decidiron non participar. Mentres, a Consellería de Sanidade avanzou que se aplicarán medidas solicitadas coincidentes con demandas de profesionais doutras áreas.

“Os interlocutores non eran os que queriamos”, afirmou un dos dos empregados públicos asistentes á saída da reunión fixada na cidade olívica cos altos cargos do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Así, finalmente, a negociación cos xefes de servizo da área de Vigo, que o pasado mes de decembro presentaron a súa dimisión, non tivo lugar.

Posteriormente, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, explicou que ambas as partes acordaron “volver falar”, aínda que recoñeceu que non se acordou unha data para iso. Ademais, incidiu na conveniencia da proposta da Xunta, que inclúe un orzamento de 17,3 millóns de euros que se destinará, ao longo de dous anos, a “infraestruturas”, “equipamento” e arquitectura informática.

Neste sentido, preguntado polos medios, detallou que “un 20 ou 30 por cento” do importe total adxudicarase á área sanitaria de Vigo, xa que a distribución dos recursos farase de acordo co volume poboacional e a antigüidade dos centros.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...