InicioMedio Ambiente e PatrimonioVigo e Nigrán os concellos máis afectados de Galicia polo paso do...

Vigo e Nigrán os concellos máis afectados de Galicia polo paso do temporal

O 112 destaca as incidencias reiteradas no sur da provincia de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo, con 27 incidencias, e o de Nigrán, con 11, foron os concellos galegos máis afectados polo temporal deste martes. Por outra banda, A Estrada e Ames sumaron respectivamente 10 incidencias, Pontevedra 8, Santiago de Compostela 6 e Poio e Redondela 4 en cada municipio.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia rexistrou, entre as 13,00 horas do martes e as 7,00 horas deste mércores, un total de 207 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa que a afecta á Comunidade galega, aínda que ningunha revestiu gravidade.

As árbores, ramas e bolsas de auga rexistrados sucederon sobre todo en vías secundarias e fóronse solucionando a medida que foron interviñan os servizos de emerxencias.

No entanto, o 112 destaca as incidencias reiteradas no sur da provincia de Pontevedra, con especial fincapé no municipio de Nigrán, debido a unha casa á que o vento provocou danos importantes no tellado. Isto ocasionou a filtración da auga de choiva.

En xeral, tratouse dun intervalo de tempo caracterizada polas incidencias habituais producidas por unha borrasca que trouxo vento na costa e en terra, así como choivas fortes que ocasionaron a anulación de boa parte dos desfiles de Entroido, así como as actividades previstas ao aire libre.

ÚLTIMAS

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...

O Sergas nega o colapso das Urxencias en Vigo e asegura que a atención está garantida

O Sergas saíu ao paso das denuncias do persoal e do alcalde de Vigo...