InicioSucesosUn vigués discute coa súa exparella por un coche e remata agredindo...

Un vigués discute coa súa exparella por un coche e remata agredindo a varios familiares

O detido obrigou a muller a deixarlle o vehículo en base a ameazas, ademais de pegar golpes e causar danos no automóbil

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, M.B.C., de 41 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia no ámbito familiar por agredir e ameazar a varios familiares.  Estes trataban de impedirlle que acudise á casa da súa exparella, coa que discutira antes sobre unha cuestión dun vehículo que quería empregar.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron este luns pola noite, cando o 092 recibiu unha chamada dunha muller que pedía axuda desde unha vivenda de Beade. A chamada cortouse bruscamente e a central operativa non logrou contactar coa muller, polo que unha dotación policial presentouse de inmediato no domicilio, ante o risco de que puidese ocorrer algo grave.

Unha vez alí, os axentes foron abordados por familiares de M.B.C., que explicaron que este mantivera unha discusión coa súa exparella momentos antes. Nese intre, presentouse no lugar a muller, que explicou aos policías os motivos da rifa. Ao parecer, o home pedíralle prestado o coche, algo ao que ela se mostraba reticente porque xa llo deixara en anteriores ocasións e devolvérallo con danos.

Ante as ameazas de M.B.C. -dicía que lle esnaquizaría o vehículo se se negaba-, a muller accedeu a deixarllo ao final. Foi posteriormente, cando a moza levou á súa exparella á casa, cando se desencadeou a discusión. El volveulle pedir o coche para o día seguinte e comezou a dar golpes e causar danos ao interior do turismo.

Os axentes acompañaron a moza ao seu domicilio pero, dúas horas despois, a Policía Local tivo que volver intervir en relación a este individuo, porque recibiu un aviso de que estaba a discutir cos seus achegados na vivenda familiar. Unha vez alí de novo, as testemuñas explicaron que o home quería ir a casa da súa exparella e levar o coche da súa nai. Cando tentaron impedirllo púxose violento, agrediu a varios familiares, ameazou á súa irmá e mesmo tentou tiralos co coche cando lle bloquearon a saída.

Unha dotación do 092 trasladouse ao domicilio da moza e localizou, merodeando pola zona, a M.C.B. Ao decatarse da presenza policial, tentou fuxir, aínda que foi interceptado na Baixada á Salgueira.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...