InicioEconomíaEn Marea levará ao Congreso o ERE "inxustificado" de Bosch Vigo

En Marea levará ao Congreso o ERE “inxustificado” de Bosch Vigo

Denuncia que que co marco lexislativo actual "poden facer o que queiran". Os traballadores din que a emrpesa quere levar "a Colombia" ou a "Exipto" parte do traballo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Marea avanzou que levará á Cámara baixa o expediente regulador de emprego (ERE) de Bosch Vigo, que o comité de empresa ve “inxustificado” por “non reunir os requisitos formais” e que ademais podería afectar a unhas 800 traballadoras.

Nunha comparecencia posterior á reunión con representantes dos traballadores da multinacional en Vigo, a deptuada Yolanda Díaz puntualizou que o seu grupo “vai empregar todos os recursos políticos” nas súas mans “para apoiar” ao sector, “que é precario pero ademais está en mans das mulleres”. Así mesmo, precisou que calquera iniciativa neste sentido será levada ante a Deputación Permanente do Congreso, dado que o próximo 5 de marzo producirase a disolución das Cortes.

“Facemos un chamamento a defender os postos de traballo en Vigo, estamos á súa disposición. Levaremos esta problemática, consecuencia da reforma laboral ao Congreso”, asegurou, á vez que denunciou que multinacionais como Bosch “están a facer coa xente o que lles dá a gana”.

Yolanda Díaz destacou que co marco lexislativo actual “poden facer o que queiran“. Seguidamente, lembrou que En Marea rexistrou a semana pasada unha proposición de lei “antideslocalización” para colocar ao país “ao nivel dos restantes” en Europa.

“Pedimos medidas para que as grandes multinacionais, nun proceso de internacionalización da economía, teñan compromisos firmes nos territorios nos que se sitúan”, explicou a deputada. En concreto, Díaz remarcou que, con esta iniciativa, “unha multinacional, se está en Vigo, ten que permanecer polo menos durante dez anos e no caso dun ERE debe devolver ata o último céntimo de axudas públicas recibidas”.

Pola súa banda, os representantes dos traballadores denunciaron estratexias da empresa como levar “a Colombia” ou a “Exipto” parte do traballo. Así, adiantou que poderían producirse mobilizacións dos empregados e que solicitarán unha reunión coa Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...