InicioVigo e contornaRedondelaMorre un home de 51 anos por un paro cardíaco nos calabozos...

Morre un home de 51 anos por un paro cardíaco nos calabozos da comisaría da Policía Nacional de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 51 anos e natural de vigo faleceu na madrugada deste sábado ao sufrir un paro cardíaco nos calabozos da comisaría da Policía Nacional da cidade olívica. O individuo fora detido previamente en Redondela polas forzas locais do municipio.

Segundo informa a Policía Nacional, o home foi apresado por causar problemas na vía pública, chegándose a enfrontar aos axentes locais moi agresivamente. Por iso, os axentes levaron ao home á PAC de Redondela.

Unha vez atendido, ingresou nos calabozos da Policía Nacional de Vigo e, tras realizar as dilixencias correspondentes e visto que a agresividade non remitía, solicitouse de novo a presenza dos servizos sanitarios.

Finalmente, o detido sufriu un paro cardíaco, polo que os profesionais tentaron reanimalo durante 30 minutos, producíndose finalmente o seu falecemento. Tras iso, a morte foi comunicada ao xulgado de garda, o que propiciou a presenza do médico forense e a retirada do cadáver ao Hospital Nicolás Peña para practicarlle a autopsia.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...