InicioVigo e contornaVigoO xornal coruñés La Voz de Galicia xa é tamén La Voz...

O xornal coruñés La Voz de Galicia xa é tamén La Voz de Vigo

Logo de anos de desencontros con duras portadas contra o concello por parte do xornal e críticas ao seu "coruñesismo" por parte de Caballero, asinouse a paz.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“O Concello de Vigo, en recoñecemento ao diario La Voz de Galicia e ao seu editor, Santiago Rey Fernández-Latorre, por 137 anos de información e polos 50 anos da súa dedicación a Vigo”. Isto é o que recolle a placa que este xoves lle entregou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao editor do Grupo Voz, un grupo mediatico coruñés.

Rematan así anos de desencontros nos que esa cabeceira foi moi crítica en Vigo, e en Galicia, co alcalde vigués. De feito, o rexedor mesmo chegou a dicir que “La Voz de Galicia era La Voz de La Coruña” e que el prefería o Faro de Vigo. Foi durante os convulsos momentos da fusión das caixas galegas onde o editor de La Voz chegou a acusar a Caballero de “localista”. Está por ver, agora, a reacción do gran xornal de Caballero, o Faro de Vigo. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...