InicioMedio Ambiente e PatrimonioOs animalistas cargan contra Feijóo: "Compite coa ultradereita a ver quen quere...

Os animalistas cargan contra Feijóo: “Compite coa ultradereita a ver quen quere máis aos escopeteiros”

A Asociación Animalista Libera! vén de criticar duramente as batidas de xabarís.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber demandaron ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, unha posición contundente fronte ás “ocorrencias” da Xunta de Galicia de permitir batidas de xabalís con arco en zonas periurbanas da localidade “en base a un suposto protocolo de actuación que non foi publicado en ningún medio oficial”.

Os animalistas sinalan que existen medidas disuasorias e preventivas “que en ningún caso mencionan a caza como solución e que poden atoparse en traballos profesionais como a  “Guia de mesures per reduir els danys causats per a fauna salvatge en conreus, zones urbanes i infraestructures” elaborada pola Deputación de Barcelona e a Generalitat, baixo a dirección dunha Doutora en Bioloxía.

Algunhas das propostas para evitar danos e “visitas” dos animais silvestres pasan por adaptar os espazos verdes dos municipios a través da chamada xeroxardinería, facéndoos menos apetecibles para a fauna, así como a instalación de señalética específica para previr colisións, e outros métodos como a disuasión auditiva e olfativa.

Neste sentido ambos os colectivos lembran que, aténdose ao contido literal da Lei de Caza de Galicia de 2013 non se podería cazar en zonas periurbanas nin urbanas situadas a menos de 100 metros de vivendas e outros espazos públicos.

FFW e LIBERA! critican “que a única proposta que poña en marcha a Xunta sexa masacrar a todo tipo de animais” e vinculan estas autorizacións coa proximidade de convocatorias electorais, onde o Partido Popular compite coa ultraultradereita para ver quen “quere” máis aos escopeteiros”.

ÚLTIMAS

Un operativo antidrogas en dúas casas de Vigo, unha delas okupada, remata con tres detidos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon un punto negro de venda...

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...

O Porto de Vigo prevé superar os 310.000 cruceiristas en 2027 tras consolidar as súas escalas en Miami

O Porto de Vigo pechou o exercicio de 2025 con 125 escalas de cruceiros...