InicioPolíticaMarea de Vigo asegura que os conflitos e tensións internas de En...

Marea de Vigo asegura que os conflitos e tensións internas de En Marea non lle afectan

A Marea de Vigo celebrará este martes unha asemblea na que decidirá o proceso de elección de membros que conformarán a candidatura ás eleccións municipais de maio, tendo en conta que a cabeza de lista, Rubén Pérez Correa (actual portavoz do grupo municipal) xa foi proclamado o pasado mes de novembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo celebrará este martes unha asemblea na que decidirá o proceso de elección de membros que conformarán a candidatura ás eleccións municipais de maio, tendo en conta que a cabeza de lista, Rubén Pérez Correa (actual portavoz do grupo municipal) xa foi proclamado o pasado mes de novembro.

Segundo explicou o propio Pérez Correa, a preguntas dos medios nunha rolda de prensa, no proceso que se abre a partir de agora, e que culminará cunha votación o próximo 17 de marzo, Marea de Vigo buscará ampliar o seu espazo coa incorporación de “sensibilidades” que, nos anteriores comicios, non participaron na súa candidatura, en alusión a Podemos e Equo.

O portavoz municipal e candidato á Alcaldía sinalou que, paralelamente, desenvolverase o traballo conxunto de elaboración do programa electoral e deu por feita a participación, neste proceso, de Podemos, cuxo secretario xeral en Vigo, Xaquín Pastoriza, veu sendo unha “persoa activa na Marea” olívica.

Con respecto aos problemas e á ruptura no seo de En Marea, o concelleiro Xosé Lois Jácome incidiu en que o grupo municipal vigués é “alleo” a esa “conflitividade” e que “sempre funcionou por consensos” a pesar das diferenzas.

Nesa liña, Rubén Pérez puxo en valor que Marea de Vigo “é un exemplo de convivencia de moitísimas sensibilidades” que comparten unha visión do municipalismo, aínda que poidan ter visións distintas en cuestións políticas do ámbito rexional ou nacional.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...