O 12 de xaneiro de 1855 nacía na vila mariñeira de Bueu Manuel A. Bares Giráldez. Desde novo destacou pola súa dedicación ao estudio. Cando tan só contaba con quince anos, Manuel, comezou a enviar os seus primeiros artigos aos xornais da provincia, para logo pasar a outros de Madrid, como foi “El Popular” que dirixía o novelista Torcuato Tárrago.
Asemade, enviou os seus traballos ao satírico “Juan Palomo” da Habana. No primeiro insertou artigos sobre a actualidade política e internacional, chegando incluso a redactar unha proclama dedicada ao exército francés, alentándoo na guerra franco-prusiana que estalou no 1870.
Os seus pais, motivados polo interese do seu fillo, fixeron o imposible para que Manuel puidese continuar os seus estudos. É así que estuda na Escola Normal de Pontevedra, obtendo en xuño de 1873 o título de Mestre superior de ensinanza primaria. Durante a súa carreira continuou coa súa vocación xornalística, participando na prensa de Vigo e de Pontevedra.
Nesta última cidade colaborou co prestixioso xornal “La República” que dirixía Indalecio Armesto, unha das figuras máis destacadas do republicanismo federal do século pasado, que anos despois se converteu no primeiro exiliado galego. Manuel Bares entablou durante eses anos unha fervorosa admiración e amizade con Armesto, sumándose de cheo ao republicanismo galego. A primeira militancia de Bares foi no Partido Radical, que dirixía Ruíz Zorrilla, pasando despois ao Republicano Federal, que presidía na provincia Indalecio Armesto. Por aquel entón o federalismo foi pasando por unha etapa de grandes enfrontamentos internos, o partido dirixido por Pi i Margall rematou escindíndose, entre intarnsixentes e benévolos. Mentres en Galicia decláranse independentes e forman o Partido Republicano Federal Galego.
Manuel Bares secundou ao seu amigo Indalecio Armesto apoiándoo activamente na candidatura a deputado a Cortes, en representación da provincia de Pontevedra. A pesares do bo resultado elctoral de Armesto os conservadores lograron “roubarlle” a súa acta de deputado.
A finais de 1874, Bares xestionou a praza de profesor, creada no buque de guerra Esperanza. Esta petición foi avalada polo ilustre republicano Juan Tapias, ao que o comandante do Porto de Vigo, deulle a palabra de que ese posto sería para o mestre de Bueu. Mais con todo, a promesa e as súas influencias, o cargo recaeu noutra persoa, causando unha forte depresión en Manuel Bares. Esta fonda decepción motivou a Bares a tomar a decisión de emigrar a América, chegando á Arxentina a fins do abril de 1875.
En Bos Aires, naquel entón, comezaba a primeira grande onda migratoria, e entre os emigrantes chegaban os intelectuais que escapaban da persecución sufrida trala primeira república. Un sen fin de políticos, intelectuais, artistas, que na súa meirande parte pertencían ao Partido Republicano Federal, outros elixiron como destino A Habana, por seren as cidades de talante máis liberal e progresista. Á Habana foron Ramón de la Sagra, Curros Enríquez, Waldo Álvarez Ínsua entre outros.
Namentres a Bos Aires chegaron exiliados Armesto, Castro López e Xosé María Cao, entre outras persoas sobranceiras.
O republicanismo federal, liderado politicamente por Pi i Margall, era por aqueles anos, unha mistura ideolóxica, onde convivían desde sectores ácratas, socialistas utópicos, rexionalista e correntes moderadas. A maioría dos integrantes deste partido eran masóns e anticlericais. Baseaban o seu pensamento na necesidade de educar ao pobo.
Esta combinación de ideas deron alicerces para que anos despois se formasen as grandes correntes políticas en Galicia como foron o anarquismo, o republicanismo e o galeguismo. Xogaron un grande papel na organización das institucións da emigración. Este grupo ideolóxico será o impulsor da maioría dos centros galegos, xornais, mutuais, construcción de escolas. Tamén foron os que impulsaron a maioría de iniciativas patrióticas cara a Galicia, como así foi a creación da Academia Galega, a Biblioteca América, etc.
Manuel Bares encontrou na Arxentina un clima propicio para un librepensador coma el. En Bos Aires estivo unha corta estancia, radicándose a case que cen quilómetros na cidade de Mercedes (provincia de Bos Aires). Alí comezou traballar como tenedor de libros dunha das principais empresas comerciais da rexión. Por aquel entón esta pequena cidade vivía da producción agrpecuaria, caracterizándose pola existencia de grandes latifundios.
Aínda da lonxanía de Mercedes de Bos Aires, esta tiña grande importancia na zona. Ao pouco tempo de chegar comezou escibir no único xornal daquela cidade, “El Pueblo”, os seus primeiros artigos con seudónimo. A repercusión dos mesmos, e o posterior recoñecemento da súa autoría, permitíulle relacionarse rapidamente coas persoalidades máis destacadas da cidade. Anos máis tarde foi colaborador noutros xornais como “El Oeste”, “El Eco del est Germania”, Contribución ao estudio da guerra europea de 1914, en dúas partes (Bos Aires, 1917-1918). “La Nación española y el Nacionalismo Vasco” (Bos Aires 1922); “As formas de goberno e a guerra” (Bos Aires 1921), entre outros tantos. En 1892 casa con Francisca Peralta, quen morreu aos trece anos de casados.
En 1911 organizou unha subscripción popular para contribuir ao sostimento da Sociedade Recreativa “Gimnasio”, do seu pobo natal. Bares logrou recaudar tres mil pesetas, que era unha suma moi importante. Por dito motivo volveu visitar ao seu entrañable Bueu, en agosto de 1912. Os veciños e socios do “Gimnasio” momeáronno por aclamación Presidente Honorario realizando unha velada de homenaxe.
Manuel Bares Giráldez, foi ademais, membro do Consello de Administración de “El Diario Español”, foi fundador e primeiro ministro do “Banco de Galicia” de Bos Aires, (que na actualidade pertence á Banca Morgan). Foi mantedor dos Xogos Florais do Primeiro Centro Galego en 1884. Participou dos Xogos Florais de 1904, organizados pola Asociación Patriótica (como membro do tribunal cualificador). En 1915 participou activamente dos actos culturais organizados polo Centro Galego de Bos Aires, con motivo do Día de Galicia, onde foi a principal figura dos mesmos Basilio Álvarez.
O 27 de abril de 1925 elixíronno socio correspondente da Real Academia Galega, sendo á súa vez Presidente da Asociación Protectora de dita Academia en Bos Aires. En outubro de 1914 elixíronno Vice-presidente do Centro Galego. Os seus últimos traballos xornalísticos editáronos en “El Correo de Galicia” de Bos Aires, os cales sairon baixo o título A invasión a Nicaragua e O Dereito de xentes arxentino.
Manuel Bares Giráldez falleceu no barrio capitalino de Belgrano o 6 de abril de 1945, logo dunha traxectoria patriótica na emigración galega.