InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta defende que só un petróglifo foi danado polos incendios do...

A Xunta defende que só un petróglifo foi danado polos incendios do pasado outubro

A Web Historia de Galicia dá conta de máis conxuntos afectados no Val Miñor, Pontecaldelas, Amoeiro, Pazos do Borbén...

PUBLICADO O

- Advertisement -

directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, sostivo este xoves que só un entre a decena de petróglifos analizados polos técnicos de cultura sufriu danos por mor dos incendios que arrasaron Galicia o pasado mes de outubro.

Un conxunto destacable integrado por varias rochas si presenta afectación no gravado e desprendementos na rocha por culpa das altas temperaturas”, dixo sen apuntar de que estación estaba falando.

“Está en observación“, manifestou, mentres sinalou que polo momento foron supervisados por técnicos algo máis dunha decena de xacementos. En concreto, apuntou que estes bens non sufriron danos significativos a pesar de que a súa contorna está “totalmente queimada”.

Con todo, requiriu información de concellos e asociacións para seguir coas comprobacións. Segundo información chegadas á Web Historia de Galicia habería moitos máis petróglifos afectados en Galicia pola vaga de lumes e mesmo amosan fotos.

ÚLTIMAS

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...

A CIG denuncia a falta de persoal médico en centros sanitarios da área de Vigo

O sindicato CIG-Saúde denunciou este luns a falta de persoal médico en varios centros...