InicioVigo e contornaRedondelaUnha colisión na Ponte de Rande sáldase con tres feridos e retencións...

Unha colisión na Ponte de Rande sáldase con tres feridos e retencións de tráfico

O choque produciuse entre un turismo e unha furgoneta, vehículo no cal viaxaba un home que tivo que ser auxiliado para poder liberarse. Polo menos un dos afectados foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión entre un turismo e unha furgoneta rexistrada este xoves na Ponte de Rande saldouse con tres feridos e provocou retencións no tráfico na autoestrada AP-9 en sentido norte.

A causa do impacto, a persoa que conducía a furgoneta necesitou da axuda dos efectivos de rescate para poder saír do vehículo e recibir asistencia, xunto cos dous ocupantes do turismo. Así o informaron fontes do  112.

En total, foron tres os feridos nesta colisión, da que os servizos de emerxencias tiveron constancia grazas ao aviso de varios particulares. Tras a alerta, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos Bombeiros do Morrazo, efectivos do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico e membros do Centro de Xestión de Autoestradas.

En concreto, o 061 enviou unha ambulancia asistencial e outra medicalizada para atender os feridos, dos cales polo menos un foi levado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, tal como confirmaron fontes sanitarios.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

Medio Ambiente cifra en máis dun 30% a perda de auga en Vigo por fugas en canalizacións

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, cifrou en máis dun...

A CIG pide mellorar a prevención nas canteiras tras o accidente do Porriño

A Unión Local da CIG de O Porriño esixiu que se reforce a prevención...

Un xulgado de Vigo avala a saída de sete tendas galegas da Cash Converters en 2022

O xulgado do Mercantil 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou as dúas...