InicioSociedadeA ministra de Industria eloxia as luces de Nadal e o futuro...

A ministra de Industria eloxia as luces de Nadal e o futuro Entroido na súa visita a Vigo: “Que trema Río de Janeiro”

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, eloxiou este luns a "gran idea" do goberno municipal vigués de converter a iluminación do Nadal nun reclamo turístico que desestacionaliza as visitas á cidade, e comprobou 'in situ' os beneficios que esa campaña reportou aos comercios do centro de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, eloxiou este luns a “gran idea” do goberno municipal vigués de converter a iluminación do Nadal nun reclamo turístico que desestacionaliza as visitas á cidade, e comprobou ‘in situ’ os beneficios que esa campaña reportou aos comercios do centro de Vigo.

Durante un paseo pola céntrica rúa do Príncipe, no medio dunha apertada axenda de visitas e acompañada polo alcalde da cidade, Abel Caballero, e pola presidenta da Deputación provincial, Carmela Silva (ademais doutros membros do goberno local), a ministra escoitou, por boca do rexedor, o balance de visitas e retorno económico da campaña do Nadal.

A ese respecto, eloxiou a “gran idea” do goberno vigués de potenciar unha iniciativa que axuda a desestacionalizar o turismo, e destacou a importancia de potenciar outras campañas, como o Entroido, mentres o alcalde insistía: “Que trema Río de Janeiro”.

Visita da ministra de Industria/ Miguel Núñez

A comitiva que acompañaba á ministra, encabezada polo rexedor, tamén quixo mostrar a satisfacción dos comerciantes con esa campaña. Así, Caballero, Silva e Maroto non só entraron a saudar ás empregadas dunha tenda de moda (a firma portuguesa Ana Sousa), senón que a presidenta da Deputación animou á ministra a probarse un abrigo de cor azul “precioso”.

Entre cumpridos polo “monísima” que quedaba a peza, alcalde e presidenta da Deputación animaron á ministra a quedar co abrigo, que tiña un prezo de 149 euros. “Pagámolo a medias entre Carmela e eu, pero isto será a cambio de algo”, chanceou Caballero.

Ademais desta tenda, a comitiva visitou un par de establecementos máis na zona de Príncipe, e neles, os comerciantes trasladaron a súa satisfacción polo incremento de actividade e negocio motivado polos visitantes que chegaron a Vigo atraídos pola iluminación do Nadal.

ÚLTIMAS

A Policía Local de Vigo corta a rúa Santa Tegra en Teis polo risco de derrube dunha fachada

A Policía Local de Vigo cortou á circulación un tramo da rúa Santa Tegra,...

Piden cárcere para un vigués acusado de alzamento ao renunciar á súa herdanza

A sección do Penal do Tribunal de Instancia, praza 1 de Vigo, acollerá este...

Vigo desembarca en Fitur co lema ‘Un Nadal de 365 días’ e a aposta por converterse nun gran plató de cinema

A cidade de Vigo presentará a súa oferta turística en Fitur este xoves, baixo...

As PAC de Vigo atenderon máis de 14.500 urxencias durante o Nadal

Os puntos de atención continuada (PAC) da área sanitaria de Vigo atenderon un total...