InicioSucesosO Tribunal Superior de Xustiza confirma unha condena de nove anos de...

O Tribunal Superior de Xustiza confirma unha condena de nove anos de cárcere por agredir sexualmente á súa parella

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza emitida pola Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra na que condena a nove anos e dous meses de cárcere a un acusado de agredir sexualmente e golpear á súa parella no domicilio de Vigo que compartían.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza emitida pola Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra na que condena a nove anos e dous meses de cárcere a un acusado de agredir sexualmente e golpear á súa parella no domicilio de Vigo que compartían.

O TSXG rexeitou que o fallo da Audiencia careza de motivación, tal e como alegaba o procesado. Así, os xuíces resaltan que a Audiencia “explicita as concretas razóns” polas que chega á convicción sobre os feitos delituosos ocorridos o 25 de agosto de 2016 e a culpabilidade do acusado.

“A pesar do argumentado no recurso de apelación, a sentenza expón detalladamente por que o testemuño da vítima goza de verosimilitude”, subliñan.

A afectada, segundo o fallo do TSXG, mantivo a mesma versión dos feitos e o seu testemuño é “persistente, detallado, razoable, lóxico e sincero”.

A resolución, por tanto, confirma integramente o fallo da Audiencia Provincial de Pontevedra que impón ao sospeitoso polo delito de agresión sexual seis anos e oito meses de cárcere, así como cinco anos de liberdade vixiada; mentres que polo de lesións son dous anos; e, polo de malos tratos, seis meses.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...