InicioSociedadeArbo contará con centro de atención diúrno para atender ás persoas da...

Arbo contará con centro de atención diúrno para atender ás persoas da terceira idade

A cooperativa S. Coop Galega será a encargada de rehabilitar e manter as instalacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Arbo (Pontevedra) contará cun centro de atención diúrno para satisfacer as necesidades das persoas da terceira idade e mellorar a súa calidade de vida despois da xubilación.

En concreto, as instalacións situaranse nun inmoble da parroquia de Sela, que será cedido por un período de 15 anos. Así, as obras de rehabilitación da vivenda comezarán en febreiro, mentres que a súa apertura terá lugar dentro de seis meses.

Deste xeito, a cooperativa S. Coop Galega será a encargada de rehabilitar e manter as instalacións, nas que estarán empregadas persoas residentes no municipio pontevedrés.

Segundo informou o Consistorio nun comunicado, a decisión que permitiu pór esta iniciativa en marcha foi tomada no pleno do 28 de decembro e ratificada coa firma do convenio de cesión entre o alcalde de Arbo, Horacio Gil, e a presidenta de S. Coop Galega, María Asunción Pérez.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...