InicioDeportesToni Nadal, preparador do tenista, visita Vigo para falar de superación, disciplina...

Toni Nadal, preparador do tenista, visita Vigo para falar de superación, disciplina e motivación

O seu lema: "Todo pódese adestrar"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Mentor, que ten por obxecto complementar con actividades didácticas a formación académica dos alumnos do Dobre Grao ADE-Dereito do Campus de Vigo, organiza unha charla do adestrador de elite Toni Nadal, preparador e tío do tenista Rafael Nadal.

Será o próximo 13 de marzo no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo. Nas súas conferencias e baixo o lema “Todo pódese adestrar”, Toni Nadal fala, entre outras cousas, da xestión da presión nunha competición de elite, o liderado, a motivación ou a superación.

A Fundación Mentor considerou que esta xornada pode ser estimulante para os alumnos xa que Nadal representa o valor da disciplina, a actitude e o éxito. Para Toni Nadal, as calidades máis importantes para obter éxito son a modestia, o equilibrio mental, e ter os pés na terra. A súa filosofía é que só se pode lograr a base de moito traballo.

A Fundación Mentor nace co obxecto de complementar a formación académica dos alumnos do Dobre Grao ADE-Dereito do Campus de Vigo e doutros alumnos que pertenzan ao ámbito xurídico-empresarial a través da realización de actividades formativas que potenciarán a cualificación dos devanditos alumnos e lles permita dispoñer de todas as ferramentas requiridas polo mundo empresarial e profesional.

Entre outras cousas, a Fundación proporciona unha formación focalizada en mellorar as competencias que demandan as empresas: valores humanos, capacidades comunicativas e aptitudes resolutivas. Ademais, actúa como unha ponte entre un alumnado capacitado e o mundo laboral, facilitando ás empresas a selección e captación deste perfil profesional.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...