InicioSociedadeO acto central contra Maduro en Galicia só reúne 150 venezolanos no...

O acto central contra Maduro en Galicia só reúne 150 venezolanos no centro de Vigo

Lois Pérez Leira valora as concentracións en Vigo trala proclamación de Juan Guaido como presidente de Venezuela.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Malia as expectativas creadas pola oposición venezolana radicada en Vigo, o acto programado na Farola da entrada da Rúa do Príncipe, terminou sendo un fracaso de convocatoria, tan só 150 cidadáns deste país lograron concentrase no acto central de Galicia.

A Asociación Amigos de Venezuela en Vigo presidida por Manuel Pérez, non puido de nuclear á numerosa colonia de venezolanos e emigrantes galegos retornados que residen na cidade. A pesar do reducido grupo, os asistentes coreaban gritos e exclamaciones contra Nicolás Maduro e celebraban a recente xuramentación de Juan Guaido, como “Presidente” proposto polos EEUU. Os organizadores contaron coa adhesión ou logística do Partido Popular.

Esta mesma situación repetiuse en Madrid, cunha participación moi escasa, tambien noutros cidades onde a dereita venezolana fixo convocatorias.

Mentres que en decenas de países do mundo realizáronse actos de solidariedade coa revolución bolivariana. Desde Bos Aires, República Dominicana ou A Coruña en Galicia as organizacións de solidariedade transmitiron seu apoio a Nicholás Maduro e o seu goberno.
Na cidade de Vigo en Galicia durante o transcurso do día, distintos dirixentes da esquerda achegáronse ás oficinas do Consulado para transmitirlle a Martín Pacheco Cónsul Xeral deste país, a solidariedade e o rexeitamento dos intentos de Golpe de Estado. Entre eles o concelleiro Rubén Pérez cunha delegación da Marea de Vigo. Dirixentes do BNG e da CIG tamén se achegaron aos locais consulares.
O líder local de Nova Esquerda Socialista, Lois Pérez Leira sinalou: “O pobo venezolano manifestouse democraticamente elixindo a Nicolás Maduro como presidente. Na miña calidade de acompañante electoral internacional, puiden dar constancia da transparencia do proceso electoral.”

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...