InicioSociedadePiden 12 anos de cárcere para un acusado de abusar sexualmente da...

Piden 12 anos de cárcere para un acusado de abusar sexualmente da súa irmá menor

O mozo comezou a abusar da súa irmá de 11 anos cando el fixo os 18.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 12 anos de prisión para un home acusado dun delito continuado de abuso sexual cara á súa irmá, unha nena de 11 anos de idade, e que será xulgado, a porta pechada, este martes na sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron no domicilio familiar, no partido xudicial de Cambados (Pontevedra). Así, relata a Fiscalía, desde que o acusado alcanzou a maioría de idade, momento no que a súa irmá tiña 11 anos, comezou a abusar dela sexualmente.

O procesado aproveitaba as ausencias dos seus pais polas tardes para executar sobre a menor, “nun número indeterminado de ocasións, pero practicamente todas as semanas”, actos de natureza sexual co fin de satisfacer os seus desexos.

O ministerio público sinala que a menor accedía a eses actos pola “confianza” que tiña no seu irmán, e por que este lle presentaba os abusos como “un xogo”. Como consecuencia destes feitos, a nena sofre secuelas como síntomas de reexperimentación de recordos, ansiedade, alteración do soño ou apatía, e necesitou apoio psicolóxico.

A Fiscalía acusa ao procesado dun delito continuado de abusos sexuais a menor de 13 anos, e pide para el 12 anos de prisión. Ademais, reclama que indemnice á súa irmá en 30.000 euros polos danos morais.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...