InicioSociedadeO Festival Primavera do Cine de Vigo chega á súa oitava edición

O Festival Primavera do Cine de Vigo chega á súa oitava edición

O Festival Primavera do Cine de Vigo presentou este venres a súa oitava edición, que terá lugar entre o 30 de abril e o 5 de maio na cidade olívica, para o que xa está aberto o prazo de envío de candidaturas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival Primavera do Cine de Vigo presentou este venres a súa oitava edición, que terá lugar entre o 30 de abril e o 5 de maio na cidade olívica, para o que xa está aberto o prazo de envío de candidaturas.

Reencanto Produccións, a asociación organizadora do Festival Primavera do Cine, presentouno este venres na sede do Instituto Camões, en pleno Casco Vello.

Todos os cineastas ou produtoras que queiran enviar os seus traballos poderán facelo inscribíndose na páxina web do festival desde este mesmo venres e ata o próximo 25 de febreiro.

Os proxectos deberán ser de produción galega ou lusófona, como xa sucedeu en edicións anteriores, e poderanse entregar tanto curtametraxes como longametraxes e videoclips.

Juan de Castro, director do certame, apuntou este venres que na edición anterior “houbo un incremento moi considerable de asistencia de público” e que o festival contou con “moi boas palabras de cineastas, invitados e colaboradores”.

A Primavera do Cine repetirá actividades como ‘Cine nos Barrios’, un acto que o ano pasado levou aos barrios de Coia e Teis o documental ‘Vigo 1972’, dirixido por Roi Cagiao, á que acudiron máis de 400 persoas e que este ano aproveitará para celebrar o Día do Traballo.

Tamén se repetirá a experiencia do ‘Cine Miúdo’, un evento pensado para nenos e nenas de educación infantil e primaria dos colexios da cidade.

A oitava edición do certame contará á súa vez cunha nova edición do ‘Encontro Arraianos’, un acto no que participarán representantes de festivais, universidades e cineclubes, que ten como obxectivo promover a creación de redes de colaboración e intercambio.

As proxeccións das longametraxes terán lugar no Auditorio do Concello de Vigo, mentres que no Instituto Camões poderanse ver os filmes lusófonos e no MARCO as curtametraxes galegas e lusófonas.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...