InicioCulturaOs xulgados dan a razón á SGAE e condenan á Coral Casablanca...

Os xulgados dan a razón á SGAE e condenan á Coral Casablanca a pagar 7.362 euros por dereitos de autor

O director da coral viguesa asegura que "merecen" outro trato.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, estimou na súa totalidade a demanda presentada pola Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) contra a Coral Casabranca de Vigo e a condena a pagar 7.362 euros en concepto de dereitos de autor, segundo confirmou a SGAE a Europa Press.

A demanda da SGAE correspondíase coas cantidades debidas polo grupo, constituído nunha fundación, en relación cos dereitos de autor do repertorio que interpretaron nos eventos que realizaron entre xullo de 2013 e decembro de 2016.

Para Miguel Diéguez, director da SGAE para a zona noroeste do país, trátase dunha sentenza “razoable” porque “aplica a lei e a razón“, pois desde a entidade consideran que as actividades con ingresos de despacho de billetes levadas a cabo pola coral non se distinguen en nada de calquera outra actividade lucrativa feita por outro promotor cultural.

Coral Casablanca/ Miguel Núñez

Desde a SGAE manifestaron que a súa comunicación coa Coral Casabranca non cesou, só que o grupo considerou a partir dun momento que non tiña que pedir autorización para interpretar as pezas dos seus repertorios.

Neste sentido, desde a SGAE trasladaron que o “único imprescindible” para un concerto da coral é o repertorio e que, con todo, no seu orzamento non se contempla o valor das composicións e si figuran apartados para cuestións loxísticas como o aluguer do recinto, o son ou incluso o pago aos músicos.

“A clave é que a coral está conformada por persoas sensibles á cultura e esperamos que entendan que esta sentenza recolle que o único que parecía que eles puñan en cuestión é o valor do repertorio”, sostivo Diéguez, que puxo en valor o traballo “encomiable” da Coral Casabranca achegando a cultura á poboación.

Pola súa banda, o director da Coral Casabranca, Óscar Villar, asegurou a Europa Press que esta sentenza lle resulta “insólita” e “decepcionante” porque, segundo as súas palabras, “merecen” outro trato logo de sesenta anos de actividade cultural en Vigo.

“Danme ganas de deixalo todo e dedicarme a outra cousa”, afirmou Villar, afectado pola decisión xudicial pois explicou que realizan un “labor social e cultural de iniciativa popular” e que non se lucran con iso.

Neste sentido, Villar trasladou que ata o ano 2013 a Coral Casabranca dependía do Círculo Mercantil de Vigo e estaba ao día nos seus pagos coa SGAE, pero que actualmente é un grupo totalmente independente e que fan palillos” para manterse.

“Isto é insufrible, non podemos carrexar estes custos”, aseverou Villar, para insistir en que realizan “versións de cancións” sen lucrarse por iso en ningún caso. “Isto é unha cuestión de sensibilidade, non de dereito”, concluíu.

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...