QUE É XdV?

Xornal de Vigo é o primeiro gran xornal dixital en galego de Vigo e a súa área metropolitana. Centrado na principal urbe galega tenta abordar a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social de todo o sur de Pontevedra. Prestará especial atención aos movementos sociais, ao medio ambiente e ao patrimonio e tentará tamén dar voz aos pequenos concellos das comarcas do Val Miñor, Baixo Miño, O Morrazo, A Louriña e o Condado Paradanta.

Xornal de Vigo nace, ademais, asociado a GC (www.galiciaconfidencial.gal), o principal medio dixital en galego e un dos máis importantes no panorama mediático de Galicia, da mesma editorial Xurimaru Servizos de Comunicación que lle dará soporte informativo, comercial e técnico. Ambos os dous contan cun acordo para intercambiar información e publicidade.

Xornal de Vigo é dirixido e coordinado por Xurxo Salgado e conta con diversos colaboradores profesionais e opinadores.

Contacto Xornal de Vigo:
redaccion[@]xornaldevigo.com