“A morte non é deporte”. Foi un dos lemas principais dos activistas este sábado no campionato de caza do raposo en Condado- Cotobade. Campionato a campionato, non deixa de aumentar a tensión cos cazadores, chegando a rexistrarse varias agresións durante a xornada.
Os activistas erguéronse moi cedo e perseguiron aos cazadores co obxectivo (cumplido) de reducir ao máximo as capturas acadadas.
Os activistas chegaron a realizar un minuto de silencio en memoria dos raposos abatidos.
Os corpos de seguridade traballaron para controlar a situación.
Na súa persecución dos cazadores, contaban con un menor coñecemento do terreo e medios máis básicos, así que algúns conseguiron escapar.
Nas próximas datas celebrarase o campionato de España en Galicia, no que se espera máis mobilización.
A pesar de que houbo campionatos provinciais tamén en Lugo, Ourense e A Coruña, o activismo concentrouse na nosa provincia.
Compartir:
- Compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Share on X (Se abre en una ventana nueva) X
- Share on LinkedIn (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn
- Share on Telegram (Se abre en una ventana nueva) Telegram
- Share on WhatsApp (Se abre en una ventana nueva) WhatsApp
- Share on Mastodon (Se abre en una ventana nueva) Mastodon
- Share on Bluesky (Se abre en una ventana nueva) Bluesky

















