InicioEconomíaCondenan a Adif por vulneración do dereito á folga da CXT e...

Condenan a Adif por vulneración do dereito á folga da CXT e dun afiliado en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Supremo ditou sentenza condenatoria contra Adif e favorable ao exposto pola CGT, que denunciara a vulneración do dereito á folga do sindicato e dun afiliado, en setembro de 2024, en Vigo. Nun comunicado, o sindicato subliña que isto chegou despois de que as súas pretensións fosen inicialmente desestimadas no Xulgado do Social número 1 de Vigo e, posteriormente, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Con todo, agora o Supremo acolle os seus argumentos.

Así, estima a demanda da CGT “por vulneración do dereito á folga do sindicato e dun afiliado que traballa no gabinete de circulación de Adif en Vigo Urzaiz, ao ser substituído por outra persoa que estaba de descanso“. En concreto, o sindicato denunciou a actuación da empresa na folga convocada por esta organización contra o xenocidio de Palestina, o 27 de setembro de 2024, en relación coa medida adoptada con este traballador, que secundou a folga e non acudiu ao seu posto de traballo como responsable de circulación en Vigo Urzaiz. Este traballador é, ademais, membro do comité de empresa de Pontevedra pola CGT.

Fronte ao Xulgado do Social número 1 de Vigo e ao TSXG, que aceptaran o argumento de que a folga se comunicara fóra de prazo, o Supremo revoga a resolución e indica que nas folgas xerais abonda con presentar a convocatoria dentro de prazo ás autoridades competentes e ás organizacións empresariais máis representativas, e que consta preaviso de folga. Na súa sentenza, fixa unha indemnización de 7.501 euros para o sindicato e de 1.000 euros para o traballador.

ÚLTIMAS

Retencións quilométricas na AP-9 en Vigo por un choque múltiple con 10 vehículos implicados

A AP-9 volveu rexistrar na mañá deste mércores longas retencións na entrada de Vigo,...

Autónomos en campaña electoral: rebaixas, medias verdades e “trampantojos”

Quitar o IVE, non subir as cotas, cota cero. As promesas electorais parecen diñeiro...

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...