InicioSucesosMedia ducia de detidos e diversas drogas intervidas en só dúas semanas,...

Media ducia de detidos e diversas drogas intervidas en só dúas semanas, en operativos contra o ‘menudeo’ en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo seis persoas en cinco operacións contra o “menudeo” levadas a cabo nos primeiros quince días de novembro, nas que se interviñeron diversas cantidades de substancias estupefacientes.

Así, cinco das intervencións foron realizadas pola brigada local de Seguridade Cidadá, no marco do seu labor de vixilancia e prevención do “menudeo” polos distintos barrios da cidade. Pola súa banda, a UDYCO levou a cabo a outra operación, coa detención dun home na parroquia de Beade, ao que lle interviñeron 35 doses de cocaína.

Na tarde do pasado 2 de novembro, unha dotación policial observou como un vehículo se saltaba un semáforo en vermello na Praza da Independencia e estivo a piques de chocar co coche patrulla. Aínda que inicialmente non fixo caso das indicacións para deterse, foi finalmente interceptado e os axentes comprobaron que presentaba síntomas de embriaguez.

No interior do vehículo, os axentes atoparon 72 gramos de haxix, dous gramos de marihuana e medio gramo de cocaína, polo que o condutor foi detido por un delito contra a saúde pública. Esa mesma noite, a Policía Nacional, durante unha operación de vixilancia nunha zona comercial do barrio de Coia, identificou un grupo de persoas que estaba consumindo drogas. Un dos integrantes do grupo, que se amosaba moi nervioso, levaba enriba 34 gramos de haxix, polo que foi detido.

Na mañá do 3 de novembro, nunha vixilancia na contorna dos institutos da zona de As Travesas, a Policía observou un home que parecía estar consumindo marihuana no interior dun coche estacionado. Tras identificalo, os axentes interviñéronlle 14 gramos de haxix, 11 gramos de cocaína e 100 euros en billetes fraccionados, e foi detido.

Ese mesmo día, no barrio de Coia, axentes observaron un “pase” de drogas entre dúas persoas. Os funcionarios interviñéronlle medio gramo de cocaína ao comprador (e redactaron a acta para a sanción administrativa), mentres que ao vendedor lle atoparon dous gramos de marihuana, 2,5 gramos de cocaína e heroína, e uns 130 euros en billetes pequenos.

Por outra banda, durante a madrugada do 14 de novembro, outra patrulla detectou outro pase de droga no pleno centro de Vigo. Ao presunto comprador interviñéronlle unha papelina de cocaína, formulándose a correspondente proposta de sanción, mentres que ao suposto vendedor lle localizaron sete gramos de MDMA en pastillas de cor gris co símbolo de “Superman” e 20 euros en efectivo. Este último foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

ACTUACIÓN EN BEADE

A intervención máis salientable tivo lugar en Beade o pasado 13 de novembro, cando axentes da UDYCO estaban traballando na parroquia de Beade e observaron un coche que circulaba de forma errática. O vehículo detívose un intre, unha muller achegouse á xanela e despois marchou, polo que os axentes interceptaron o coche.

No interior do vehículo había un home que trataba de agochar algo entre as pernas, que resultaron ser 35 envoltorios termoselados de cocaína en po, e un recipiente con cocaína en roca. Todo iso cun peso total aproximado de 20 gramos. Tamén lle interviñeron 135 euros en billetes de distinto valor, e o home foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

ÚLTIMAS

Morre Xosé Luís Méndez Ferrín, o escritor político que levaba a Vigo e Ourense no corazón

Primeiro Beiras e agora Ferrín. A cultura galega perde unha das súas figuras máis...

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...