InicioMovementos SociaisA acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma "indefinida" pese ao...

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma “indefinida” pese ao desaloxo da protesta en Madrid

PUBLICADO O

- Advertisement -

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma “indefinida” malia o desaloxo, levado a cabo pola Policía Nacional nas últimas horas, da protesta na Porta do Sol de Madrid. Así llo sinalaron a Europa Press os propios manifestantes, que desde o 13 de outubro dormen na Alameda da cidade olívica para reclamar unha vivenda “digna” a prezos “asequibles”.

Con preto de 60 tendas, entre 30 e 40 persoas pernoitan cada día en Vigo co obxectivo de reivindicar solucións ante a “crise” habitacional que sofre a cidade.Pola súa banda, os acampados en Pontevedra celebrarán esta noite unha asemblea para decidir os vindeiros pasos, despois do acontecido en Madrid, segundo lle trasladaron a Europa Press.  Deste xeito, convocaron unha rolda de prensa para mañá mércores co obxectivo de informar da decisión tomada.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...