InicioPolíticaA Xunta mellora a seguridade dos xulgados de Cangas

A Xunta mellora a seguridade dos xulgados de Cangas

A Xunta reforzou a seguridade nos xulgados de Cangas do Morrazo (Pontevedra), coa instalación de novos sistema de videovigilancia, nunha actuación que se enmarca no plan de mellora da seguridade deste tipo de edificios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta vén de reforzar a seguridade nos xulgados de Cangas do Morrazo (Pontevedra), coa instalación de novos sistema de videovixilancia, nunha actuación que se enmarca no plan de mellora da seguridade deste tipo de edificios.

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou este xoves os xulgados cangueses para supervisar estas melloras, que consistiron na instalación de 12 novas cámaras, un monitor de 32 polgadas, unha gravadora, dous discos duros, un SAI (sistema de alimentación ininterrompida) e todo o equipamento para que funcione correctamente.

Ao amparo dese plan de mellora da seguridade, a partir de 2019, informou a Xunta, abordaranse “novos investimentos” nos edificios que restan e iniciarase, de modo graduado, “a instalación de escáneres e arcos detectores” nos xulgados que aínda non os teñan.

Segundo recordaron fontes do Goberno galego, en 2010 aprobouse un “ambicioso” plan de infraestruturas xudiciais, que supuxo un investimento de case 100 millóns de euros, destinados a grandes proxectos e tamén a obras de menores, “pero moi relevantes para a mellora das instalacións”.

Agora, a Xunta está a completar ese plan coa renovación de mobiliario (cun investimento previsto duns 5 millóns de euros entre 2019 e 2021); e co proxecto de mellora da seguridade nos edificios xudiciais.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...