InicioSucesosPolicías, dúas enfermeiras e unha médico fóra de servizo salvan a vida...

Policías, dúas enfermeiras e unha médico fóra de servizo salvan a vida a un home en parada cardiorrespiratoria nunha rúa de Vigo

Dous axentes da Policía Nacional fose de servizo interviñeron o pasado 20 de outubro para auxiliar a un veciño de Vigo que sufriu unha parada cardiorrespiratoria nas inmediacións dun establecemento hostaleiro da rúa Regueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dos axentes da Policía Nacional fóra de servizo interviñeron o pasado 20 de outubro para auxiliar un veciño de Vigo que sufriu unha parada cardiorrespiratoria nas inmediacións dun establecemento hostaleiro da rúa Regueiro.

Segundo explica ese corpo de seguridade nun comunicado, os feitos ocorreron cando dous axentes se atopaban preto do local e observaron como un home entraba en parada cardiorrespiratoria.  Un deles comezou de inmediato a practicar as primeiras manobras de reanimación, mentres o seu compañeiro correu ata a Comisaría da Policía Nacional, situada na rúa Álvaro Cunqueiro, para conseguir o desfibrilador externo semiautomático (DESA) dispoñible nas instalacións policiais.

Unha vez na Comisaría, o axente recibiu o dispositivo das mans do policía que realizaba labores de seguridade no acceso. Este, xunto con outro axente da Oficina de Denuncias, desprazouse tamén a toda présa ata o lugar da emerxencia para colaborar na asistencia.

Á súa chegada, o primeiro policía seguía coas manobras de reanimación, apoiado por dúas enfermeiras e unha médica que se atopaban nas proximidades. A intervención coordinada permitiu empregar o DESA e continuar coas manobras de reanimación ata que o home recuperou o pulso.

ÚLTIMAS

Vigo esixe á Xunta compensacións xustas para máis de 400 propietarios afectados polos plans de vivenda

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns por unanimidade unha moción do...

Atopan case 50 garrafas de gasóleo e gasolina flotando na ría de Vigo

Un pesqueiro que navegaba na madrugada deste luns pola ría de Vigo avistou 49...

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...